Saltar ao contido

Río Krka, Eslovenia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Krka, Eslovenia
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaEslovenia Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónRío Sava Editar o valor en Wikidata
Mapa
 45°53′22″N 14°46′17″L / 45.8894, 14.7714
45°53′37″N 15°36′02″L / 45.89352, 15.60064
Afluente
Radulja (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaconca do Danubio Editar o valor en Wikidata
Características
Tamaño93 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica2.247 km² Editar o valor en Wikidata

O Krka é un río de Eslovenia, afluente do Sava, que flúe principalmente pola rexión da Baixa Carniola (Dolenjska en esloveno). Con 93 km de curso é un dos símbolos desa rexión.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

A lonxitude do río é de algo máis de 93 km}}. O seu curso comeza en Gradiček, a 312 m de altura, preto da aldea de Krka, a uns 10 km de Ivančna Gorica e a uns 25 km ao sueste da capital do país, Ljubljana. As súas augas móvense en dirección sueste, antes de xuntarse co gran río Sava, afluente do Danubio, á altura da cidade de Brežice, a 114 m de altitude, preto da fronteira con Croacia. Novo Mesto é a cidade máis importante situada nas súas beiras.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Os seus afluentes principais son os regos Klamfer, Težka voda e Lešnica.

Contorna ambiental

[editar | editar a fonte]

É o único río esloveno no que se produce toba. A fauna do río é rica, con presenza de numerosas aves, peixes, anfibios mesmo animais cavernícolas, propios das zonas cársticas das beiras. Estas características levaron a declarar o Krka zona protexida desde 1969.